sábado, 27 de febreiro de 2021

VIVEIRO

 Para poder movernos polo Camiño do Mar en particular e polos camiños en xeral que mellor maneira que aprendendo a movernos polas rúas da nosa vila. O alumnado de 6º de infantil neso anda...si queredes velo pinchade AQUÍ.

xoves, 25 de febreiro de 2021

R de Reciclar

 Reforzamos os contidos traballados sobre a clasificación dos residuos coa realización dunha ficha (tamén podedes atopar xogos interactivos sobre reciclaxe na lapela superior de XOGOS).



mércores, 24 de febreiro de 2021

SITUÁMONOS NUN PLANO

  Hoxe, a raíz de escoitar unha canción sobre Rosalía de Castro xurdiu a pregunta de si na nosa vila habería unha rúa á que se lle dera o seu nome. Abrimos o Google Maps e localizamos o noso cole e aproveitamos para situar o Gadis e a Praza de Abastos.


mércores, 10 de febreiro de 2021

CAMIÑO A...

 O alumnado de 3 anos elaborou xunto coa sua titora este plano sobre o camiño que deben percorrer no patio para chegar a súa porta de entrada. Comezamos polo concreto e cercano á cativada para pouqiño a pouco adentrarnos máis nos "CAMIÑOS".






martes, 9 de febreiro de 2021

COSENDO ESTRELAS POLA PAZ NO CAMIÑO DO MAR

 A nosa andaina quere ser un camiño da paz cada día, pero neste camiñar sempre celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON  VIOLENCIA.




Dentro do noso proxecto "RECICLANDO FAISE CAMIÑO" a andaina levanos polo CAMIÑO DO MAR neste Xacobeo 2021-22  que está cheo de ESTRELAS, por iso quixemos facer un obradoiro de costura, cosendo estrelas cheas de palabras fermosas, de tolerancia, de amor e de PAZ.