Amosando publicacións coa etiqueta VERDECONTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VERDECONTOS. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xuño de 2022

5 de XUÑO- DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Para conmemorar o día do medio ambiente así como a importancia de coidalo e preservalo fixemos hoxe unha saída moi especial. Fumos coñecer a árbore de Viveiro, que cal é?? Pois o eucalipto máis grande de toda Europa, por algo lle chaman O Avó...



martes, 22 de marzo de 2022

xoves, 6 de xaneiro de 2022

domingo, 17 de outubro de 2021

E XA TEMOS GAÑADOR!!!

 


Despois da votacións democráticas o debuxo gañador para representar a Verdecontos é este. Agora tócanos poñernos a coser e facer un Verdecontos en 3D con E-textil!!

martes, 5 de outubro de 2021

luns, 20 de setembro de 2021

VERDECONTOS

 


Verdecontos era diferente. Cando chegaba polos corredores da escola non sabiamos moi ben cal era a súa cor, pero a medida que se achegaba a nós, entrando na aula daquel xeito tan especial, nada parecido ás persoas, podíamos comprobar que traía todos os verdes e algún que outro azul. Era distint@, divertid@, sempre estaba de bo humor,  cantando e brincando todo o tempo… que como o sabíamos?? Porque as súas cores brillaban moi forte, tanto que case tiñamos que pechar os ollos, igual que cando vai moito sol.

Verdecontos era diferente, moi , moi diferente. O que máis lle gustaba era contar contos, por iso era moi amigo de Librín. Pero non calqueira conto, só aqueles que nos falaban da natureza,, dos seres vivos, das árbores, da auga, das plantas… e diso nós non sabemos nada, ou sí??