A semana pasaad tamén esrivemos a plantar as nosas hortalizas nas mesas de cultivo, a ver si con un poico de sorte en setembro recollemos.os seus froitos.
domingo, 19 de abril de 2026
domingo, 29 de marzo de 2026
venres, 6 de marzo de 2026
CONTAMINACIÓN DA AUGA
Por que hai un descenso no número de captura de bivalvos nas rías galegas? A contaminación dos nosos mares e ocèanos é unha hipótese máis que plausiblem Ista temática debatemos hoxe coa lectura e reelaboración dunha nova NOVA!
venres, 27 de febreiro de 2026
NOVA
A nova desta semana está relacionada cos alimentos e os aditivos que se lles botan para aumentar o seu sabor ou que se conserven máis tempo e que a longo prazo son prexudiciáis para nosa saúde. Cada vez hai máis alimentos no mercado con estas características e por iso cada vez é máis importante pararse a ler e coñecer o etiquetado dos mesmos.
HORTA
Transplantamos os nosos xermolos de cabazas, cada un ten a sua plantilla que deberá de coidar e mimar.
CIENCIA
Ás veces é tan sinxelo como abrir incognitas e facernos preguntas, e que pasará si... Plantexamos hipóteses e comprobamos si se cumplen ou non coa experimentación científica. Isto é o que estamos a facer no noso proxecto das plantas!!
BONECOS CRECEPELO
Cun pouquiño de terra, uns vasos sementes de cèspede puxemos ás nosas cabezas a funcionar para ter unha cabeleira ben espelida: pelo crecho, curto,longo...que pasará? Só o tempo o dirá:
venres, 20 de febreiro de 2026
NOVA NOVA na EEI San Roque
Que pasa cando o cambio climático provoca fenómenos meteorolóxicos adversos e o paraliza todo?? Isto foi o que pasou en USA a semana pasada, os termómetros caeron en pocado e colapsou ás cidades.
luns, 16 de febreiro de 2026
11 F- DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Ante os últimos acontecementos meteorolóxicos o quencemento global é algo que xa non se pon en dúbida así que debemos de contar cos avances científicos para reverter este proceso. A representación feminina na ciencia é algo que temos que promover e incentivar, por iso a celebración de esta efeméride onde contamos coa colaboración das mamás. Grazas!
ENTROIDO ECOLÓXICO
Unha maneira máis de ems nar aos nosos pequenos e pequenas a reducir o consumo é reutilizando "lixo" para facer cousas novas. E iso foi o que fixemos este entroido, con cartón e tapóns de plástico convertímonos en auténticas pezas de Lego onde tod@s encaixamos.
venres, 6 de febreiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
sábado, 17 de xaneiro de 2026
ANÁLISE DE PRENSA
Comezamos trimestre analizando "novas" Novas de prensa sobre o medio ambiente, esta vez a cargo d@s median@s da escola.
luns, 8 de decembro de 2025
ADORNOS DE NADAL MÁIS QUE NATURÁIS
Estamos a elaborar os adornos de Nadal para o mercadillo solidario da residencia de anciáns Domus Vi e empregamos elementos da natureza e especias para decorar!!
venres, 5 de decembro de 2025
SEMENTES
Comezamos a gardar as sementes da froita das nosas merendas para aprender a diferencialas e despois plantarémolas no patio.
xoves, 4 de decembro de 2025
venres, 21 de novembro de 2025
TRAEMOS MIÑOCAS PARA A NOSA VERMICOMPOSTEIRA
Cos restos de froitas das merendas e miñocas fabricaremos un rico compost para as nosas futuras prantas da horta.






























.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)