Reforzamos os contidos traballados sobre a clasificación dos residuos coa realización dunha ficha (tamén podedes atopar xogos interactivos sobre reciclaxe na lapela superior de XOGOS).
xoves, 25 de febreiro de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
SITUÁMONOS NUN PLANO
Hoxe, a raíz de escoitar unha canción sobre Rosalía de Castro xurdiu a pregunta de si na nosa vila habería unha rúa á que se lle dera o seu nome. Abrimos o Google Maps e localizamos o noso cole e aproveitamos para situar o Gadis e a Praza de Abastos.
mércores, 10 de febreiro de 2021
CAMIÑO A...
O alumnado de 3 anos elaborou xunto coa sua titora este plano sobre o camiño que deben percorrer no patio para chegar a súa porta de entrada. Comezamos polo concreto e cercano á cativada para pouqiño a pouco adentrarnos máis nos "CAMIÑOS".
martes, 9 de febreiro de 2021
COSENDO ESTRELAS POLA PAZ NO CAMIÑO DO MAR
A nosa andaina quere ser un camiño da paz cada día, pero neste camiñar sempre celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
sábado, 30 de xaneiro de 2021
PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS
Creamos a nosa propia pirámide dos alimentos con caixas de panos de papel reutilizadas para xogar nor recunchos e aprender máis sobre aqueles alimentos máis importantes na nosa dieta e aqueles que son menos importantes.
CREAMOS CON VERDURAS
Como estamos a estudiar a alimentación aproveitamos para coñecer a Arcimboldo.
E probamos a facer os seus cadros con verduras e hortalizas de verdade. Nada mellor que experimentar!!!
ESTAMPAMOS CON HORTALIZAS
Aproveitando que estamos a traballar a alimentación, que mellor idea que crear uns cadros estampando con diferentes formas resultado de trocear algunha que outra froita e hortaliza: pementos, cenouras, patacas, rabanitas ou mazás...










