Estamos a gardar os restos das merendas das froitas para darlles de comer às nosas miñocas
xoves, 14 de novembro de 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
RAIOS DE SOL
Comezamos co proxecto deste curso, Raios de sol na escola, onde toca poñer en valor a ciencia en favor do coidado da natureza. Os pequeniños do cole experimentaron con cores, texturas, misturas...tratando de elaborar a plastelina caseira libre de plàsticos e de material contaminante. Si queredes velo pinchade AQUÍ
xoves, 17 de outubro de 2024
BROCHETAS DE FROITA PARA MERENDAR
Os maiores do cole, aproveitando a sandìa que trouxeron dos hortos mancomunados, elaboraron, no obradoiro de cociña,unha brochetas màis que apetecibles...e ao mesmo tempo traballaron conceptos como as cores, as seriacións, a motricidade fina, as formas...
mércores, 9 de outubro de 2024
DESFRUTANDO DOS FROITOS PLANTADOS
E agora son os maiores do cole aos que lles toca desfrutar dos froitos sementados a primavera padada: tomates, pementos, cabazas e pipas de xirasol, todo un mundo de cor e sabor!
COIDANDO AS NOSAS PLANTAS
Hoxe, os màis pequenos do cole comezaron co coidado das plantas da aula e déronlles un pouquiño de beber.
luns, 23 de setembro de 2024
COMEZAMOS CURSO COMEZAMOS PROXECTO
Damos a benvida a este novo curso e a este novo proxecto "Raios de sol na escola", que podedes consultar clicando na barra lateral dereita, que collemos con ilusión dispostos a mancharnos as mans para reselver todos aqueles experimentos que nos vaian plantexando e en favor, coma sempre dunha mellora e coidado dos nosos ecosistemas. @s nen@s de hoxe serán @s científic@s do mañá!!!









