domingo, 9 de maio de 2021

MÁIS SOBRE O CAMIÑO

 


O alumnado de 6º de infantil traballaron a Cruz de Santiago, que figura unha espada cos brazos rematados nunha flor de lis e unha panela na empuñadura. Dise que a súa forma ten a súa orixe na época das cruzadas, cando os cabaleiros levaban pequenas cruces coa parte inferior afiada para cravalas no chan e realizar as súas devocións diarias.

As tres flores de lis representan a honra sen mancha, que fai referencia aos trazos morais do carácter do Apóstolo Santiago.

A espada representa o carácter cabaleiresco do apóstolo Santiago e a súa forma de martirio, xa que foi decapitado cunha espada. Tamén pode simbolizar, en certo sentido, tomar a espada no nome de Cristo.


 Fixeron a cuncha dos peregrino cunha nova técnica plástica. A cuncha, como símbolo de Venus, significa o renacer dunha persoa, a sua resurrección.

E xogaron coa mesa de luz para crear novas historias da peregrinaxe a Santiago e do seu Camiño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario