luns, 20 de setembro de 2021

VERDECONTOS

 


Verdecontos era diferente. Cando chegaba polos corredores da escola non sabiamos moi ben cal era a súa cor, pero a medida que se achegaba a nós, entrando na aula daquel xeito tan especial, nada parecido ás persoas, podíamos comprobar que traía todos os verdes e algún que outro azul. Era distint@, divertid@, sempre estaba de bo humor,  cantando e brincando todo o tempo… que como o sabíamos?? Porque as súas cores brillaban moi forte, tanto que case tiñamos que pechar os ollos, igual que cando vai moito sol.

Verdecontos era diferente, moi , moi diferente. O que máis lle gustaba era contar contos, por iso era moi amigo de Librín. Pero non calqueira conto, só aqueles que nos falaban da natureza,, dos seres vivos, das árbores, da auga, das plantas… e diso nós non sabemos nada, ou sí??

Ningún comentario:

Publicar un comentario