xoves, 13 de maio de 2021
mércores, 12 de maio de 2021
ENCHEMOS DE COR A ESCOLA
Estamos a prepararnos para festexar os Maios e que mellor maneira que enchendo de flores e cor a nosa escola!!!
martes, 11 de maio de 2021
luns, 10 de maio de 2021
O LIBRO DAS SEMENTES
Seguimos a coñecer máis sobre a boa alimentación e os alimentos vexetáis. Elaboramos un libro de sementes para aprender a diferencialas.
UNHA ROSA DOS VENTOS NO CAMIÑO
O alumnado de 5º de infantil retomou a Rosa dos Ventos como guía no Camiño. Si queres ver todo o traballo pincha AQUÍ.
domingo, 9 de maio de 2021
MÁIS SOBRE O CAMIÑO
O alumnado de 6º de infantil traballaron a Cruz de Santiago, que figura unha espada cos brazos rematados nunha flor de lis e unha panela na empuñadura. Dise que a súa forma ten a súa orixe na época das cruzadas, cando os cabaleiros levaban pequenas cruces coa parte inferior afiada para cravalas no chan e realizar as súas devocións diarias.
As tres flores de lis representan a honra sen mancha, que fai referencia aos trazos morais do carácter do Apóstolo Santiago.
A espada representa o carácter cabaleiresco do apóstolo Santiago e a súa forma de martirio, xa que foi decapitado cunha espada. Tamén pode simbolizar, en certo sentido, tomar a espada no nome de Cristo.
Fixeron a cuncha dos peregrino cunha nova técnica plástica. A cuncha, como símbolo de Venus, significa o renacer dunha persoa, a sua resurrección.
E xogaron coa mesa de luz para crear novas historias da peregrinaxe a Santiago e do seu Camiño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






