luns, 28 de novembro de 2022

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES


Por estas datas sempre son comúns este tipo de accións desinteresadas por parte das persoas. O noso obxectivo, ademáis de facer chegar a máis nen@s  a maxia do Nadal, alongar a vida dos nosos xoguetes.

 

xoves, 24 de novembro de 2022

PIDO, PIDO CON SENTIDIÑO

 


Esta semana viñeron darnos unha charla/obradoiro sobre o consumo responsable de cara a este Nadal. Mirar as etiquetas da embala e para coñecer o lugar de procedencia e os seus componentes, reducir o consumo sin sentido nestas datas ou optar por xoguetes respetuosos co medio ambiente, foron algunhas das propostas. 

martes, 22 de novembro de 2022

CANTO LIXO XERAMOS??

 




Seguimos Co rexistro semanal da cantidade de lixo  que xeramos. Pesamos coa báscula canto xeramos e estudamos a gráfica dos residuos das merendas. 

luns, 21 de novembro de 2022

O MÉTODO CIENTÍFICO

  Novembro é o mes da Ciencia nas bibliotecas escolares así que máis qué nunca traballamos para espertar a curiosidade nas crianzas, que se fagan preguntas, xeren hipótesis e que as confirmen ou refuten facendo experimentos varios. Aí vai unha mostra.



xoves, 17 de novembro de 2022

Reto Investigamos

 Este mes de novembro puxémonos mans á obra e comezamos formulando hipótesis sobre certas cuestións que foron apareciendo. Queredes velas??



PUNTO DE RECOLLIDA DE. PILAS USADAS

 



Estamos a traer da casa as pilas usadas para tirarlas no noso punto R. 

venres, 11 de novembro de 2022

PUNTOS DE RECICLAXE NA ESCOLA

 Hoxe tamén fixemos un percorrido pola escola para averiguar con qué puntos de recollida selectiva de lixo contábamos e cales eran. Contamos con:

Colector amarelo

Colector azul

Colector de pilas usadas

Colector de cartuchos de tinta e tóners


Tamén averiguamos que no comedor só fan uso dun único Colector e non separan os residuos. 



OS RESIDUOS QUE XERAMOS

 Que tipo de residuos xeramos?? Canto tempo tardan en degradarse?? Cantos residuos de difícil degradación xeramos á semana?? E ao mes?? Comezamos Coa nosa investigación!!!








xoves, 10 de novembro de 2022

CREAMOS O NOSO VERMICOMPOSTEIRO

 Unha maneira máis de coidar o noso planeta é xerando menos residuos e para iso creamos a nosa composteira onde imos ir tirando os restos orgánicos das nosas merendas.




MANDALAS E OUTONO

 CON ELEMENTOS DA NATUREZA E PROPIOS DO OUTONO PUXEMOS A FUNCIONAR O NOSO MAXÍN PARA CREAR MANDALAS.








PLANTAMOS UNHA LANDRA?

  A semana pasada, gracias a todas as Landras que recolectáchedes puidemos facer como Xaime e poñela a xermolar.


Primeiro comprobamos a sua viabilidad e poñéndoas en auga e endo se flotan. Collemos ascque afundían. 


Lixamos brevemente por un dos extremos. 

Tapámolas con algodón...


E finalmente botánoslles un pouquiño de auga. 

E a esperar!!! 

REUTILIZAMOS POLO SAMAÍN

 Sempre pensando en Reutilizar e en xerar o mínimo lixo posible fixemos no recanto da plástica estes monstruos tan terroríficos e orixináis!!



NO SAMAÍN RECICLAMOS CON MONSTRUOS

 

Baixo as directrices de monstruos e material de refugallo as familias colaboraron na decoración da escola cuns monstruos máis que terroríficos!!!








ECOSISTEMAS CERCANOS

 Novamente estamos a estudar os bechiños da horta para aprender máis da importancia que teñen para o mantemento dos nosos ecosistemas e da vida en xeral. 

Convertémonos en bolboretas deseñando unhas ás de cartón reutilizando caixas vellas e puxémoslle un pouquiño de cor, así, durante os recreos, cando sae o sol podemos ver o efecto da luz atravesando as cores e reflexando no chan as distintas formas. NATUREZA+CIENCIA