O alumnado de 6º de infantil tamén elaborou unha guía do cAMIÑO DO mAR.
venres, 30 de abril de 2021
xoves, 29 de abril de 2021
CAMIÑO DO MAR: RUEIRO DE VIVEIRO E OS SEUS MONUMENTOS
O alumnado de 6º de infantil finaliza o mapa rueiro!!
Neste rueiro indicamos a ruta do Camiño do Mar de Viveiro, reflexando os diferentes monumentos que se poden contemplar nesta ruta tan marabillosa.
mércores, 28 de abril de 2021
martes, 27 de abril de 2021
AS 3 R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR
Para ver o traballo feito polo alumnado de 5º de infantil pincha AQUÍ
luns, 26 de abril de 2021
domingo, 25 de abril de 2021
sábado, 24 de abril de 2021
EXPERIMENTAMOS COAS PLANTAS
Despois de transplantar os castiñeiros xurdiu a idea de poñer en valor daquelo que necesita unha plantar para vivir: luz, auga e terra. Deixamos un castiñeiro sen luz pero con auga, outro con auga e con luz, un terceiro con luz pero sen auga e por último un cuarto que metimos nunha caixiña onde fixemos un furadiño por onde se cola a luz.
xoves, 22 de abril de 2021
22 DE ABRIL-DÍA DA TERRA
Hoxe para conmemorar o día da Terra e aproveitando o bo tempo plantamos un limoeiro ben chulo no noso patio:
Tamén tivemos unha charla sobre a reciclaxe:
mércores, 21 de abril de 2021
Á RICA PLANTA AROMÁTICA
Os máis pequechos e pequechas do cole seguen a darlle duro a isto da xardinería e despois de experimentar coas sementes fixeron unha mesa de cultivo con aromáticas ben chulo!!!!
BONECOS CRECEPELO
Fagamos algo divertido con material de refugallo, terra e sementes, fagamos BONECOS CRECEPELO!!!
martes, 20 de abril de 2021
ENCHENDO DE FLORES A NOSA ESCOLA
Estamos a experiementar e a plantar todo tipo de plantas e flores, dende sementes de hortalizas, a plantas aromáticas e ata plantas grasas...todo un mundo de texturas e cor!!!!
luns, 19 de abril de 2021
CAMIÑO A...
Os máis pequechos e pequechas da escola están a aprender a moverse pola mesma, a interpretar os planos e os camiños que para eles e elas son habituáis. Dos corredores da EEI San Roque ao Camiño do Mar.
sábado, 17 de abril de 2021
1ª VISITA AOS HORTOS URBANOS
Se pinchades AQUÍ poderedes ver o que fixemos na primeira saída aos hortos urbanos.
mércores, 14 de abril de 2021
luns, 12 de abril de 2021
CAMIÑO DO MAR
OS nenos e nenas de 6º de infantil fixeron un mapa sinalando o percorrido do Camiño do Mar dende Ribadeo ata O Vicedo.
sábado, 10 de abril de 2021
XOGOS PARA OS RECUNCHOS CON MATERIAL DE REFUGALLO
Para inagurar a nova estación entre todos e todas creamos un novo xogo para o noso recuncho da lóxica matemática con material de refugallo:
mércores, 7 de abril de 2021
SEMENTAMOS
Os nenos e nenas de 5º de infantil estiveron a investigar sobre as piñas e aquelo raro que non sabemos que é buscando nas mesmas cales eran as sementes. Despois empregamos unhas oveiras para plantalas e a ver que pasa.