domingo, 30 de maio de 2021

DOMINÓ CON PAOS

 Os peques e pecas de 5º de infantil elaboraron para a aula o seu propio domino de cores con paus recollidos na praia.



sábado, 29 de maio de 2021

COMPOSTELA E CAMIÑO DO MAR

 O alumnado de San Roque sela a sua propia Compostela cun percorrido por Viveiro e o Camiño do Mar.





xoves, 27 de maio de 2021

POESÍA E FLORES PARA CONMEMORAR OS MAIOS

 O alumnado de 6º de infantil recitou un poema ben chulo onde as flores son as protagonistas. Se queredes velo pinchade AQUÍ.

martes, 25 de maio de 2021

ESCORNABOTS PARA TRABALLAR OS ALIMENTOS

 


Cos escornabots reforzamos conceptos traballados, a orientación espacial, a identificación dos alimentos, a memoria a curto e longo prazo...

venres, 21 de maio de 2021

17 DE MAIO-DÍA DA RECICLAXE

 O pasado luns foi o día da reciclaxe e para conmemoralo estamos a levar a cabo estas semanas unha serie de actividades relacionadas coa reutilización de diferentes materiáis, é dicir, darlles un segundo uso: plástico. vidrio, teas...





mércores, 12 de maio de 2021

ENCHEMOS DE COR A ESCOLA

 Estamos a prepararnos para festexar os Maios e que mellor maneira que enchendo de flores e cor a nosa escola!!!



martes, 11 de maio de 2021

luns, 10 de maio de 2021

O LIBRO DAS SEMENTES

 Seguimos a coñecer máis sobre a boa alimentación e os alimentos vexetáis. Elaboramos un libro de sementes para aprender a diferencialas.



UNHA ROSA DOS VENTOS NO CAMIÑO

 O alumnado de 5º de infantil retomou a Rosa dos Ventos como guía no Camiño. Si queres ver todo o traballo pincha AQUÍ.

domingo, 9 de maio de 2021

MÁIS SOBRE O CAMIÑO

 


O alumnado de 6º de infantil traballaron a Cruz de Santiago, que figura unha espada cos brazos rematados nunha flor de lis e unha panela na empuñadura. Dise que a súa forma ten a súa orixe na época das cruzadas, cando os cabaleiros levaban pequenas cruces coa parte inferior afiada para cravalas no chan e realizar as súas devocións diarias.

As tres flores de lis representan a honra sen mancha, que fai referencia aos trazos morais do carácter do Apóstolo Santiago.

A espada representa o carácter cabaleiresco do apóstolo Santiago e a súa forma de martirio, xa que foi decapitado cunha espada. Tamén pode simbolizar, en certo sentido, tomar a espada no nome de Cristo.


 Fixeron a cuncha dos peregrino cunha nova técnica plástica. A cuncha, como símbolo de Venus, significa o renacer dunha persoa, a sua resurrección.

E xogaron coa mesa de luz para crear novas historias da peregrinaxe a Santiago e do seu Camiño.