sábado, 19 de decembro de 2020

A FRAGA DO MEU AVÓ

 Esta semana o alumnado de 4 anos tivo a sorte de participar nunha actividade virtual onde o grupo musical Mamá Cabra tocou en directo o seu albúm "A Fraga do meu avó", onde a temática central son os bosques galegos, a súa flora e fauna, o seu coidado en particular e o coidado do medio en xeral. A partir de dita actividade e interrelacionándoo con todo o traballo medioambiental que estamos a levar a cabo na escola.



luns, 14 de decembro de 2020

BO CAMIÑO, VALENTIÑO

Os nenos e nenas de 6º de infantil traballaron este conto rimado moi especial, onde o seu protagonista, Valentiño, o pingüín fai o Camiño de Santiago.


Ademáis aproveitaron para falar do Camiño do Mar e fixeron unhas felicitación navideñas moi moi chulas!!!



sábado, 12 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS NAVIDEÑAS

 


 E ESTAS FORON ALGÚNS DOS XOGUETES SELECCIONADOS POLO ALUMNADO DE 6 DE INFANTIL B



POR UN NADAL CHEO DE LUZ E DE COR

  Este ano quixemos dar a benvida ao Nadal e ao novo ano poñendo un pouco de luz e de cor no noso cole e plantamos flores de inverno.

ORIENTÁMONOS NUN LABERINTO

  Seguemos a traballar na aula a forma de orientarnos así que hoxe voltamos a recordar os puntos cardinais e axudounos a chegar á meta cando nos perdemos nun laberinto!!!



  Este ano celebramos un magosto moi especial cheo de xogos e castañas!!!


E ata inventamos o noso propio refrán:

CREAMOS COS TESOUROS DO OUTONO

  A semana pasada, na sesión de atención educativa, descubrimos unha morea de cousas na caixa dos tesouros, e puxemos a voar a nosa imaxinación. Pasámolo de marabilla e sairon verdadeiras obras de arte!!

ORIENTÁMONOS CO ESCORNABOT

  Para axudarnos a entender o concepto dos puntos cardinais e o uso da brúxula practicamos na biblioteca dirixindo o escornabot dirección norte, sur, este e oeste.


XOGAMOS O TETRIS

  Nesta cole non deixamos de reinventar e como nos gusta crear con material de refugallo elaboramos 4 xogos de tetris xeniais para xogar no recuncho da lóxica-matemática. Só necesitamos oveiras grandes e témperas de cores, por si vos animades a facelo na casa.