A semana pasada fumos recoller as hortalizas e verduras que plantamos a primavera pasada. A horta estaba chea de moitas cores diferentes e tivemos que ir moi moi atento para averiguar que seres pequechiños habitan nela.
Verdecontos era diferente. Cando chegaba polos corredores da escola non sabiamos moi ben cal era a súa cor, pero a medida que se achegaba a nós, entrando na aula daquel xeito tan especial, nada parecido ás persoas, podíamos comprobar que traía todos os verdes e algún que outro azul. Era distint@, divertid@, sempre estaba de bo humor, cantando e brincando todo o tempo… que como o sabíamos?? Porque as súas cores brillaban moi forte, tanto que case tiñamos que pechar os ollos, igual que cando vai moito sol.
Aquí vos deixamos o proxecto deste curso onde unha vez máis os contos van ser a base das aprendizaxes a realizar.