sábado, 30 de xaneiro de 2021

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

  Creamos a nosa propia pirámide dos alimentos con caixas de panos de papel reutilizadas para xogar nor recunchos e aprender máis sobre aqueles alimentos máis importantes na nosa dieta e aqueles que son menos importantes.



CREAMOS CON VERDURAS

  Como estamos a estudiar a alimentación aproveitamos para coñecer a Arcimboldo.

E probamos a facer os seus cadros con verduras e hortalizas de verdade. Nada mellor que experimentar!!!

ESTAMPAMOS CON HORTALIZAS

  Aproveitando que estamos a traballar a alimentación, que mellor idea que crear uns cadros estampando con diferentes formas resultado de trocear algunha que outra froita e hortaliza: pementos, cenouras, patacas, rabanitas ou mazás...

mércores, 27 de xaneiro de 2021

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

 Esta emana estamos a falar do cambio climático e daquelas cousas que prexudican e que favorecen o coidado da natureza:




martes, 19 de xaneiro de 2021

ALMANAQUE DO ANO 2021

 Coma todos os anos elaboramos un almanaque no que o tema central xira sobre o proxecto que estamos a levar a cabo durante o curso escolar proposto por Voz Natura. Coma ben sabedes este ano a temática é o Camiño de Santiago, que nós centramos nunha parte descoñecida do mesmo, O Camiño do Mar, e que trataremos de revalorizar co traballo desenvolvido. Ademáis quixemos unificalo con outros dous proxectos anuáis que tamén levamos a cabo no col, INCLÚE-T e IGUÁLA-T.




sábado, 16 de xaneiro de 2021

venres, 15 de xaneiro de 2021

SAÍDA

 Neste curso estamos a traballar un proxecto sobre Viveiro e o Camiño do Mar que nos conduce a Santiago de Compostela.

Realizamos unha saída pola ruta do mar de Viveiro, con dous guías peregrinos que nos explicaron a ruta e os aspectos máis importantes deste camiño.

 VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

Así mesmo, estamos a  traballar a peregrinaxe á Compostela con todo tipo de traballos e  partindo do conto Bo camiño Valentino. 

  A través dos seguintes enlaces, podedes disfrutar con moitos xogos, como sopas de letras, xogos de memoria visual e auditiva e bits entre outros, referentes aos contidos aprendidos.

https://obloguede6b.blogspot.com/2021/01/o-camino-das-estrelas.html

https://static.tinytap.it/media/webplayer/webplayer.html?structureJson=https://www.tinytap.it/store/api/album/176407/structure/&emded=true

O blogue 

 

mércores, 13 de xaneiro de 2021

AGASALLO DE NADAL

 Mamá Cabra obsequiounos cun xoguete moi especial. Un 3 en raia feito con madeira das árbores da Fraga do seu avó.