venres, 27 de febreiro de 2026

NOVA

 A nova desta semana está relacionada cos alimentos e os aditivos que se lles botan para aumentar o seu sabor ou que se conserven máis tempo e que a longo prazo son prexudiciáis para nosa saúde.  Cada vez hai máis alimentos no mercado con estas características e por iso cada vez é máis importante pararse a ler e coñecer o etiquetado dos mesmos. 




HORTA

 Transplantamos os nosos xermolos de cabazas, cada un ten a sua plantilla que deberá de coidar e mimar.



CIENCIA

 Ás veces é tan sinxelo como abrir incognitas e facernos preguntas, e que pasará si... Plantexamos hipóteses e comprobamos si se cumplen ou non coa experimentación científica. Isto é o que estamos a facer no noso proxecto das plantas!!






BONECOS CRECEPELO

 Cun pouquiño de terra, uns vasos sementes de cèspede  puxemos ás nosas cabezas a funcionar para ter unha cabeleira ben espelida: pelo crecho, curto,longo...que pasará? Só o tempo o dirá:



venres, 20 de febreiro de 2026

NOVA NOVA na EEI San Roque

 


Que pasa cando o cambio climático provoca fenómenos meteorolóxicos adversos e o paraliza todo?? Isto foi o que pasou en USA a semana pasada, os termómetros caeron en pocado e colapsou ás cidades.

luns, 16 de febreiro de 2026

11 F- DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Ante os últimos acontecementos meteorolóxicos o quencemento global é algo que xa non se pon en dúbida así que debemos de contar cos avances científicos para reverter este proceso. A  representación feminina na ciencia é algo que temos que promover e incentivar, por iso a celebración de esta efeméride onde contamos coa colaboración das mamás. Grazas!










ENTROIDO ECOLÓXICO

 Unha maneira máis de ems nar aos nosos pequenos e pequenas a reducir o consumo é reutilizando "lixo" para facer cousas novas. E iso foi o que fixemos este entroido, con cartón e tapóns de plástico convertímonos en auténticas pezas de Lego onde tod@s encaixamos.



venres, 6 de febreiro de 2026